CRTVG

Buscar

Máis de 300.000 autónomos terán que pechar este ano

Publicado o 18/06/2020 14:43

Os autónomos calculan que este ano facturarán de media a metade ca en 2019.

Un estudo da Federación de Traballadores Autónomos reflicte que nove de cada dez van ver reducida a súa recadación, e o 30 por cento prevé diminuír o seu cadro de traballadores. Máis de 300.000 autónomos teñen previsto pechar antes de que remate o ano. O barómetro tamén reflicte que case nove de cada dez xa volveron á actividade tras a parada obrigada pola pandemia, pero insisten na necesidade de prorrogar os ERTE.

Noticias web

18/06/2020