CRTVG

Buscar

Máis de 30 provincias en alerta pola vaga de calor

Publicado o 27/06/2019 21:27

Ata 32 provincias superaron nas últimas horas os 40 graos. Protección Civil intensifica as recomendacións para evitar os golpes de calor e a deshidratación nas horas centrais do dia. 5 graos en menos de dúas horas rexistraron os termómetros en Burgos,  e en plenas festas de San Pedro.

Biscaia e Guipúscoa están en alerta vermella. Bilbao, que desde onte rexistra as temperaturas máis extremas viviu este xoves o segundo dia de folga das piscinas municipais. Piscinas pechadas e portas abertas para que os funcionarios de xustiza poidan ausentarse temporalmente do traballo para paliar os efectos da calor.

O aumento das temperaturas debuxa un mapa con máis de media España en alerta. En Andalucia, só Xaén se conta entre as máis afectadas, e en Castela-A Mancha dáse o caso máis peculiar: Molina de Aragón, a localidade máis fría, denominada por iso a siberia española, e que a vaga de calor converteu nun inferno desde o pasado martes.

Para este venres, a AEMET decretou aviso vermello en 7 provincias de Aragón, Cataluña e A Rioxa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/06/2019