Máis de 30 falecidos nos incendios da costa oeste estadounidense
Os equipos de extinción traballan sen descanso contra as lapas. O norte de California é unha das zonas máis afectadas. Hai numerosos focos, que deixan ao seu paso paisaxes totalmente calcinadas.
"Levo 30 anos aquí. é a primeira vez que vexo algo así", explica un veciño.
Baixo unha atmosfera case irrespirable polo fume, emerxen as mensaxes de agradecemento ás brigadas de bombeiros. Loitan contra múltiples incendios ao longo da costa oeste estadounidense. Entre os retos, evitar que os fortes ventos descontrolen aínda máis os lumes. Lumes que tamén avivan o debate político.
O gobernador de California súmase ás voces demócratas, que achacan a catástrofe ao cambio climático. Mentres o presidente Donald Trump defende que os incendios son culpa da mala xestión forestal
Dende que comezou a onda de incendios a mediados de agosto xa faleceron unha trintena de persoas, e hai outras desaparecidas. Máis de cincocentas mil tiveron que ser evacuadas, e as lapas afectaron millón e medio de hectáreas, entre as que se atopan varias cidades.