CRTVG

Buscar

Máis de 30 detidos en Filadelfia tras a morte dun mozo negro a mans da policía

Publicado o 28/10/2020 08:37

Máis de 30 persoas quedaron detidas en Filadelfia despois dos enfrontamentos entre policía e manifestantes que protestaban polo morte dun mozo negro tiroteado por dous axentes na rúa.

O incidente foi gravado por un transeunte e permite escoitar como os axentes pídenlle ao mozo que tirara o coitelo que sostiña na man e ao non cumprir a orde disparan ata dez veces contra el.

Os autores dos disparos foron reasignados a traballos administrativos mentres se investiga o ocorrido.

Noticias web

28/10/2020