CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Máis de 30.000 peregrinos chegaron en maio a Compostela

Publicado o 01/06/2015 20:50



A chegada de peregrinos a Santiago segue en aumento. No mes de maio foron máis de 30.000 os que recibiron a compostela. Motivacións relixiosas e culturais fan que peregrinos de aquí e de fóra compartan experiencias que, malia a dureza do camiño, convidan a repetir.

As ringleiras, inusuais nestas datas, á porta da oficina do peregrino, dan conta do aumento de afluencia de camiñantes.

Os peregrinos de orixe nacional foron os máis numeros, superaban os 9.000, seguidos de alemáns, portugueses, italianos e norteamerianos. Detrás de cada un deles, unha motivación.

A maioría, máis de 20.000, veñen polo camiño francés. Un longo camiño cheo de momentos duros.

Momentos duros que se ven recompensados. Tanto é así, que malia a dureza, xa pensan en repetir.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí