CRTVG

Buscar

Máis de 30.000 euros de multa a un hostaleiro de Vigo por actuar como discoteca cando só tiña licenza de bar

Publicado o 18/05/2021 14:24
Máis de 30.000 euros de multa a un hostaleiro de Vigo por actuar como discoteca cando só tiña licenza de bar

Máis de 30.000 euros de multa a un hostaleiro de Vigo. É a sanción que lle impuxo o Concello por actuar como discoteca cando só tiña licenza de bar. Varias veces notificóuselle que tiña que cesar esa actividade para a que non tiña permiso, pero continuou sen facer caso. Esa reincidencia fixo a que a sanción fose incrementándose dende os 300 euros iniciais ata os 30.000 euros actuais. Os veciños da zona levan anos queixándose do ruído procedente do local.

Noticias web

18/05/2021