Máis de 30.000 ERTE solicitados en Galicia para 200.000 traballadores

Preto de 30.500 empresas solicitaron realizar un expediente de regulación temporal de emprego en Galicia, que afecta case 160.000 traballadores.
A día de hoxe, a provincia máis afectada en canto a número de empregados é Pontevedra, con máis de 65.000. E iso a pesar de que a cifra de empresas que solicitaron o ERTE, 10.863, é menor que as que o fixeron na provincia da Coruña. Alí foron máis empresas, máis de 12.000, pero cun número menor de traballadores afectados, 55.000.
Na provincia de Ourense 3.800 empresas presentaron solicitude de ERTE para 15.000 persoas. En Lugo, as solicitudes a día de hoxe son 3.743, con 13.276 persoas afectadas.
A Xunta ten en marcha unha liña de atención telefónica de balde, 900 815 600, para atender consultas de empresas e traballadores.