CRTVG

Buscar

Máis de 3.000 pemes e autónomos solicitaron acollerse á liña de prestamos da Xunta

Publicado o 07/05/2020 21:32

Máis de 3.000 pemes e autónomos galegos solicitaron acollerse á liña de préstamos da Xunta para dar unha resposta urxente á situación que están vivindo pola crise do coronavirus.

Tratase dunha partida de 250 millóns de euros a devolver sen intereses. Nun encontro virtual, o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria informoulles aos pequenos empresarios e autónomos das medidas en marcha para impulsar o tecido produtivo. Francisco Conde volveu incidir na necesidade de desvincular os ERTE do estado de alarma.

"A liquidez é unha prioridade para os autónomos e para as familias. Non están percibindo as prestacións do ERTE e a través da Xunta de Galicia están recibindo eses anticipos que lles permite afrontar os gastos correntes nas súas casas. Son máis de 3000 persoas as que xa teñen solicitado estes anticipos", asegurou Francisco Conde.

Noticias web

07/05/2020