CRTVG

Buscar

Máis de 3.000 efectivos da Garda Civil loitan contra os incendios este verán en Galicia

Publicado o 31/07/2019 16:09

Polo aire... a pé... a cabalo... ou en moto. Máis de 3.000 axentes da Garda Civil loitan contra o lume este verán en Galicia. 200 son axentes de unidades especiais chegados para reforzar o dispositivo da época de máximo risco.

Levan un mes despregados polos montes do país. Pero hoxe fixeron unha pausa en Forcarei para dar a coñecer o seu traballo e implicar a cidadanía na loita contra o lume.

Preveñen os incendios e investíganos, cunha unidade especializada en indagar as causas.

No que vai de ano, o corpo detivo 36 persoas relacionadas coa actividade incendiaria, a metade en Ourense.

 

Noticias web

31/07/2019