CRTVG

Buscar

Máis de 270 expositores na XXV edición da Feira dos Autónomos na Coruña

Publicado o 06/12/2018 14:25

Cita ineludible estes dias na Coruña. O recinto de ExpoCoruña acolle a vixésimoquinta edición a Feira dos Autónomos en que profesionais de distintos sectores comerciais lles amasan aos consumidores os seus produtos e servizos.

Este ano, o evento conta con 270 expositores chegados de moitos puntos de Galicia, España e mesmo de Portugal que agardan superar os 80.000 visitantes.

Sacar o autónomo á rúa. Este é o obxectivo desta feira de mostras que, este ano, cumpre as súas vodas de prata cunha morea de novidades.

Un total de 270 emprearios chegados incluso de fóra das nosas fronteiras amosan aquí os seus produtos e servizos. Moitos deles con descontos especiais.

Milleiros de visitantes invaden xa o recinto de ExpoCoruña para botar unha ollada, sobre todo, ás novidades. Moitos deles non marchan coas mans baleiras.

Esta Feira dos Autónomos estará aberta ata o próximo domingo cun horario ininterrompido de once da mañá a nove da noite.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018