CRTVG

Buscar

Máis de 270.00 viaxeiros pasaron polo aeroporto de Santiago durante o mes de agosto

Publicado o 14/09/2021 15:31

Agosto trouxo consigo cifras positivas para a terminal de Santiago. Neste último mes pasaron por este aeroporto 270.304 pasaxeiros. O dato indica unha recuperación, non só porque é case o dobre do volume que se rexistrou no mes de agosto de 2020, senón máis ben porque se achega ao tráfico deste aeroporto antes da pandemia. En agosto de 2019 pasaron por aquí máis de 295.700 viaxeiros. O tráfico de pasaxeiros do aeroporto da Coruña foi un 33,8 por cento máis baixo que o rexistrado en agosto de 2019. En Peinador foi un 18,5 por cento menor. O que si compartiron as tres terminais foron os destinos preferentes, os nacionais.

Roberto Horta, xerente de Infinita Viaxes, explica que "realmente a xente buscaba que fora algo práctico para viaxar e os destinos internacionais tiñan moitas restricións no verán, non era seguro viaxar. Nós recomendabamos quedar en destinos nacionais e é o que máis funcionou, sobre todo o que son as illas e a costa peninsular".

Madrid e Barcelona foron os dous destinos máis escollidos pola pasaxe que embarcou este verán nos aeroportos galegos. Seguíronos Sevilla e as illas.

Noticias web

14/09/2021