CRTVG

Buscar

Máis de 27 millóns de españois adultos sufrirán obesidade en 2030

Publicado o 11/01/2019 09:17

Un estudo do instituto catalán Hospital del Mar alerta dos graves problemas de obesidade en España. Segundo as súas previsións, no 2030, máis de 27 millóns de adultos no noso país sufrirá exceso de peso, isto é, o 80 por cento dos homes e o 55 por cento das mulleres de máis de 16 anos. Os investigadores apuntan, ademais, o custo económico que isto supón para o sistema sanitario, un gasto directo que podería superar os 3.000 millóns de euros, mil millóns máis ca nos últimos datos recollidos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019