CRTVG

Buscar

Máis de 23 millóns de quilos de uva recollidas en Ourense nos útlimos días de vendima

Publicado o 09/10/2018 15:43

Levan 24 días seguidos vendimando. Nesta adega de Monterrei afrontan a recta final da campaña convencidos de que é unha das mellores colleitas tanto en cantidade coma en calidade. Os tratamentos fitosanitarios conseguiron frear os ataques de mildio.

O ano pasado as xeadas reduciron a produción a 2,8 millóns de quilos. Neste intre, coa vendima ainda non rematada, xa hai nas adegas máis de 4 millóns setecentos mil quilos e agardan en chegar aos 5 millóns.

Pero o balance non é o mesmo en todas as denominacións. No Ribeiro a colleita será inferior á do ano pasado. Neste intre recolleron xa 8,7 millóns de quilos. Unha vendima complicada por mor das enfermidades que afectaron as cepas.

Menos cantidade que un ano normal en que a produción adoita roldar os 12 millóns de quilos pero a mesma calidade.

En Valdeorras falan dunha colleita duns 5 millóns de quilos, superior á do ano pasado aínda que afectada dos máis de 6 millóns que se adoitan recoller. E na Ribeira Sacra, unha das últimas denominacións en comezar a vendima contan con superar os cinco millóns e medio de quilos.

Noticias web

09/10/2018