CRTVG

Buscar

Máis de 21,5 millóns de contaxiados da covid-19 nos Estados Unidos

Publicado o 08/01/2021 08:50

Nos Estados Unidos as persoas contaxiadas da covid-19 superan os vinte e un millóns e medio.

A esa alta cifra de casos confirmados engádense máis vítimas mortais despois de que este mércores o país alcanzara un novo máximo de falecementos nun día, con 3.865. O total de falecementos pola covidnos Estados Unidos está preto dos 365.000.

O estado de Nova York segue a ser o máis golpeado pola pandemia, seguido de Texas, California e A Florida.

Noticias web

08/01/2021