CRTVG

Buscar

Máis de 200 profesionais da estética demandan en Santiago un IVE reducido para o sector

Publicado o 18/10/2021 17:11

Máis de 200 peiteadores, barbeiros e profesionais da estética da nosa comunidade denunciaron na praza do Obradoiro que o Goberno central está a afogar o sector da imaxe persoal. Din que o seu sector está considerado como esencial e que como tal debería aplicárselles un IVE reducido.

Dende a plataforma aseguran que a facturación dos seus negocios baixou de media preto dun 50 % durante a pandemia; se a isto lle sumamos o elevado prezo da luz, a continuidade para moitos é practicamente imposible.

En Galicia tiveron que baixar a persiana máis de 1.000 salóns de peiteado dende que no 2012 se incrementou o IVE ao 21 %. A plataforma asegura que seguirá con estas concentracións por todo o país ata que se teñan en conta as súas reclamacións.

Noticias web

18/10/2021