CRTVG

Buscar

Máis de 20 mortos nunha residencia de anciáns de Chamartín, en Madrid

Publicado o 25/03/2020 19:47

Madrid segue a ser a comunidade máis golpeada polo coronavirus e un novo foco nunha residencia de maiores deixa máis de 20 mortos. Todos con coronavirus ou con síntomas de telo. Amais, só dez dos anciáns puideron ser hospitalizados, e todos eles deron positivo nas probas que lles fixeron.

Entre os falecidos están dúas monxas que tamén residían neste centro de maiores situado no distrito de Chamartín. A Unidade Militar de Emerxencias xa desinfectou o centro o luns e agora os seus responsables piden axuda urxente tanto á Comunidade de Madrid como ao Goberno central.


Ademais dos falecidos, hai un total de 55 empregados menos, 50 deles están illados por estar en contacto cos infectados e o resto renunciaron ao traballo en canto comezou a crise sanitaria.

Noticias web

25/03/2020