CRTVG

Buscar

Máis de 20 mortos en Veracruz, México, por un ataque a un bar nocturno

Publicado o 28/08/2019 16:46

23 mortos e 13 feridos de gravidade en Veracruz, México, por un ataque a un bar nocturno. Á noite, varios atacantes entraron con metralletas e lanzaron cócteles molotov contra un dos locais de lecer da zona, provocando o pánico no lugar. As autoridades investigan o sucedido.

Este é o panorama que deixou o ataque. Dez da noite en Coatzacoalcos, ao sur do estado de Veracruz. Zona habitual de lecer nocturno no golfo de México. Un grupo de xente entra con metralletas e lanzando cócteles molotov contra o local El Caballo Blanco. 15 homes e 8 mulleres morren e 13 están ingresados con diversas feridas de gravidade.

As autoridades comprometéronse a deter os atacantes e esclarecer os feitos nun dos portos máis importantes ao sur de México. Considérase un ataque froito da loita entre diversos grupos delituosos relacionados co narcotráfico. No que vai de ano xa morreron 1.600 persoas no estado de Veracruz, o que fai unha media de 7 mortos ao día.

Noticias web

28/08/2019