CRTVG

Buscar

Máis de 20 comercios de Ribeira aceptarán o pago con pesetas ata finais de mes

Publicado o 16/10/2020 14:43

Aínda que o euro xa cumpriu a maioría de idade e máis ou menos xa estamos afeitos ao seu uso, aínda hai quen conserva algunha que outra moeda ou billete das antigas pesetas.

Para todo eles é esta iniciativa posta en marcha en Ribeira pola asociación de empresarios da zona que permite aos clientes pagar as súas compras como se facía ata comezos dos 2000. 

Para os nostálxicos das pesetas, seguro que esta iniciativa será moi ben acollida, porque a pesar do tempo, aínda quedan algúns que as botan de menos. 

Quedan menos de tres meses para que a peseta pase á historia, pero en máis dunha vintena de comercios de Ribeira, ata finais deste mes, o seu valor non será menor que o do euro. 

 

Noticias web

16/10/2020