CRTVG

Buscar

Máis de 20.000 quilos de bonito descargados xa no peirao de Burela

Publicado o 18/06/2019 15:06
Máis de 20.000 quilos de bonito descargados xa no peirao de Burela

Ata o de agora descargáronse neste peirao máis de 20.000 quilos de bonito, que alcanzou un prezo medio de 6,50 euros por quilo.

Son os primeiros datos desta campaña e a Asociación de Armadores de Burela di que aínda é moi cedo para aventurar como vai resultar esta costeira. O ano pasado poxáronse nesta lonxa máis dun millón cento quince mil quilos, que se traduciron en case catro millóns setecentos mil euros. Agora agardan que a costeira non remate precipitadamente, como ocorreu o ano pasado tras completarse a cota no mes de agosto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019