Máis de 20.000 nenos migrantes non acompañados están baixo custodia dos Estados Unidos
Publicado o 08/04/2021 13:49

O drama das migracións evidenciouse de novo co caso dun neno centroamericano de 10 anos localizado pola policía estadounidense camiñando só e sen rumbo en Texas, nunha zona próxima á fronteira con México.
O menor foi trasladado ás instalacións da policía de fronteiras para facerlle unha revisión médica e pasará baixo custodia da Oficina de Reasentamento de Refuxiados.
A continua chegada de menores non acompañados a territorio estadounidense, máis de 700 só este martes, está desbordando a capacidade de acollida do país.
Algo máis de 20.000 nenos migrantes están a día de hoxe baixo custodia das autoridades estadounidenses.