A Xunta amplía as axudas do bono eléctrico a 2,1 millóns de euros
Publicado o 23/08/2021 15:17
A Xunta amplía as axudas para evitar os cortes da luz por impago. Son 2,1 millóns de euros que se publican mañá no Diario Oficial de Galicia.
Incrementáronse en medio millón de euros estas axudas logo de que o Goberno galego constatara que había un 39 por cento máis de solicitudes. No que vai de ano xa se beneficiaron deste bono eléctrico máis de 4.500 familias galegas.