CRTVG

Buscar

Máis de 2.500 persoas participan nas probas de acceso ao SERGAS

Publicado o 25/11/2018 15:00

Máis dun 83% dos convocados para as prazas do SERGAS acudiron hoxe ás probas, que se celebran ao longo do día en Silleda. O conselleiro de Sanidade anuncia que se cubrirán o 100% das prazas vacantes en saúde coas que oferten nas oposicións do ano que vén.

Máis de 2.500 persoas concéntranse nas probas en Silleda, unnha participación superior ao 83%. Oitocentos corenta e sete médicos de atención primaria pelexan por algunha das 241 prazas para a categoría de médico de familia, ademais dos 163 aspirantes que optan ás 227 prazas para enxeñeiro técnico do Servizo Galego de Saúde.

O conselleiro de Sanidade aproveitou a xornada para anunciar que na convocatoria de 2019 sacarán o 100% das prazas vacantes en saúde. Pola tarde continuarán as probas para os opositores do grupo técnico da función administrativa e técnico superior en documentación sanitaria. Máis de metade dos admitidos no proceso de selección teñen vínculo activo co SERGAS. E algo máis dun 3% dos convocados veñen de fóra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/11/2018