CRTVG

Buscar

Máis de 2.500 latas de bebida recicladas conforman o mural xigante que poderá verse en Riazor

Publicado o 09/08/2019 19:43

Máis de 2.500 latas de bebida recicladas conforman o mural xigante que a partir de mañá quedará instalado na praia de Riazor, na Coruña. É o resultado dun programa de educación ambiental que se desenvolveu ao longo deste verán nos cinco festivais de música máis importantes de Galicia.

Coas mochilas de colleita percorren os escenarios dos principais festivais galegos. Son os integrantes da campaña 'Cada lata conta', un programa europeo de educación ambiental presente en catorce países, que promove a reciclaxe das latas de bebidas. E para poder facelo o primeiro paso é depositar a lata nos colectores amarelos.

En Galicia esta campaña de concienciación ambiental estase a desenvolver esta semana na Coruña onde se celebra o Festival Noroeste pero xa estivo presente tamén no Son do Camiño, o Resurrection Fest, Portamérica e Ortigueira.

O lugar escollido para este gran mural é a explanada das Escravas, a carón da praia de Riazor, onde quedará instalado a partir deste sábado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019