CRTVG

Buscar

Máis de 2.000 mortos e 12.000 feridos, balance provisional do terremoto de Haití

Publicado o 19/08/2021 09:01

En Haití, o último balance oficial dado a coñecer este mércores sinala que o terremoto de 7,2 graos do sábado causou 2.189 mortos polo menos. A cifra de feridos ascende a 12.268 e máis de 300 están desaparecidas. Son datos provisionais porque nalgúns lugares afectados levan días incomunicados debido a corrementos de terra.

O número de vivendas destruídas ascende a 52.953, mentres que outras 77.006 sufriron danos de diversa consideración. A localidade máis afectada é a vila de Marigot, onde se derrubaron 500 das 615 vivendas que había no municipio. As autoridades calculan que unhas 650.000 persoas necesitan de axuda humanitaria urxente, o que supón preto do 40 % da poboación dos tres departamentos máis afectados polo terremoto, situados na península suroeste do país. 

Noticias web

19/08/2021