CRTVG

Buscar

Máis de 2.000 escolares, no programa Clases sen Fume

Publicado o 27/05/2019 15:19

Máis de 2.000 escolares de primeiro e segundo da ESO presentaron os seus traballos ao programa Clases sen Fume, que pretende evitar ou polo menos atrasar a idade de inicio no tabaquismo. Durante seis meses, alumnos de entre doce e catorce anos elaboraron nas súas clases slogans, cancións, xornais ou coreografías en contra do tabaco, ao tempo que aprendían os prexuízos e as enfermidades que causa.

"Recordade e tede sempre moi presente, ao longo da vosa vida, que non existe consumo seguro, exento de risco. O único que vale é o consumo cero", dixo Jesús Vazquez Almuíña, conselleiro de Sanidade.

A conselleira de Educacion salientou que a aprendizaxe dos alumnos nestas actividades traspasa as aulas.

Un ambicioso obxectivo que a través dos propios rapaces e parazas se estende ás familias, o que é ainda máis importante.

"Na miña casa, a miña nai e seu novio fuman, e miñas irmás e mais eu fixemos moitos carteis para que non fume", dixo Alexandra Gómez, unha das premiadas na edición deste ano.

Desde que empezou este programa, hai 16 anos, participaron máis de 73.000 escolares.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2019