CRTVG

Buscar

Máis de 16 millóns de euros en axudas á industria para a mellora medioambiental

Publicado o 21/08/2019 15:00

As industrias galegas poderán acceder a axudas para investir en eficiencia enerxética e na redución de emisións contaminantes á atmosfera. Destínanse máis de 16 millóns de euros procedentes de fondos estatais e europeos a esta convocatoria, coa que se poderán achegar un máximo de dous millóns de euros a cada proxecto, ata o 30% dos investimentos previstos. A Xunta prevé que estas subvencións suporán un aforro de máis de oito mil toneladas equivalentes de petróleo e reducirán case 25.000 toneladas de emisións de dióxido de carbono.
A orde de axudas publícase este xoves no Diario oficial de Galicia, e os proxectos, executables durante 24 meses, poderán presentarse entre o 12 de setembro desde ano e o 31 de decembro de 2020.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019