CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Máis de 150 mil persoas en España sofren párkinson, unha doenza que mañá celebra o seu día internacional

Publicado o 10/04/2018 21:24




Mañá celébrase o Día Mundial do Párkinson, xornada en que os enfermos e os seus familiares sairán á rúa para facer visible esta enfermidade que en España afecta máis de 150.000 persoas.

Manteñen a mente en forma traballando do cálculo, o razoamento e a memoria.

O párkinson é a segunda enfermidade neurodexenerativa máis frecuente, despois do alzhéimer. É crónica e non ten cura. Provoca falta de equilibrio e dificultade para moverse, comer, falar... Calquera actividade cotiá é para quen o sofre unha barreira que as terapias axudan a salvar.

A prevalencia é maior en homes que en mulleres, pero esta diferenza vaise reducindo. Pode afectar calquera persoa e malia que segue a identificarse cos maiores cada vez hai máis xente nova con párkinson.

As limitacións físicas e mentais non é o peor. Como eles mesmos din, ás veces, o que máis doe do párkinson é a mirada dos demais, por iso este 11 abril sairán á rúa.

Telexornal Serán

10/04/2018