CRTVG

Buscar

Máis de 15.000 pasaxeiros pasaron polos aeroportos galegos desde finais de xuño

Publicado o 13/07/2020 18:02
Máis de 15.000 pasaxeiros pasaron polos aeroportos galegos desde finais de xuño

Os aeroportos galegos comezaron a recuperar a súa actividade coa finalización progresiva das restricións, a partir do 21 de xuño. Así, durante o mes pasado as tres terminais aéreas recibiron algo máis de 15.000 pasaxeiros, cifra que supón o tres por cento dos usuarios que se rexistraban hai un ano.

O aeroporto Rosalía de Castro de Santiago foi o que máis viaxeiros contabilizou os últimos días de xuño, con algo máis de dez mil, seguido polo de Alvedro na Coruña e o de Peinador, en Vigo.

Noticias web

13/07/2020