CRTVG

Buscar

Máis de 112.000 afectados por un ERTE en Galicia

Publicado o 27/03/2020 20:16

Demanda sen precedentes de consultas de afectados polos ERTE en Galicia. Ata agora presentaron na nosa comunidade un expediente de regulación temporal do emprego 20.987 empresas. O número de traballadores afectados é de 112.284. Ante a avalancha de consultas que está a recibir, o Servizo Público de Emprego, o SEPE, recorda que non hai atención ao público e que é a empresa a que ten tramitar o ERTE e, despois, o Servizo Público de Emprego é quen se pon en contacto cos traballadores
afectados.


 

Noticias web

27/03/2020