CRTVG

Buscar

Máis de 11 millóns de euros en axudas para os Grupos de Acción Costeira en 2018

Publicado o 03/01/2018 15:27

Por terceiro ano consecutivo, está a piques de abrirse unha nova convocatoria de axudas a proxectos dos Grupos de Acción Costeira. Para 2018 destinaranse máis de once millóns de euros en subvencións, a cargo de Fondos Europeos e a través da Consellería do Mar, <para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca. 

Esta empresa do Grove leva comercializando marisco galego desde 1998. Coa segunda xeración xa incorporada ao negocio familiar, abren agora unha nova etapa coa ollada posta no comercio electrónico, a creación de dous postos de traballo e un equipamento máis eficiente que mellora a calidade do seu produto.

A cetárea meca foi, en 2017, unha das beneficiarias das axudas europeas para os Grupos de Acción Local do sector pesqueiro, que, desde a súa posta en marcha, xeraron 450 empregos a través de 250 proxectos. A convocatoria deste ano está a piques de comezar.

Nos vindeiros días, a Xunta de Galicia dará a coñecer o balance oficial do sector pesqueiro en 2017, que, segundo a conselleira do Mar, podería superar en quilos e en volume de facturación aos rexistros do ano 16, que foran os mellores da década.

Noticias web

03/01/2018