CRTVG

Buscar

Máis de 100 condutores deron positivo por alcol ou drogas nos controis de fin de ano

Publicado o 02/01/2019 08:09

A Garda Civil de Tráfico realizou catro mil probas de alcol e case duascentas de drogas a condutores que circularon polas estradas galegas entre o día de fin de ano e o mediodía do día 1. Algo menos de cen condutores deron positivo no control de alcolemia e 11 deles terán que comparecer nun xuízo rápido. 17 condutores deron positivo no test de drogas.

Os axentes sorprenderon un home de 80 anos, na autoestrada do Atlántico, na zona de Ferrol, conducindo a pesar de que xa non conservaba ningún punto no carné.


 

Noticias web

02/01/2019