CRTVG

Buscar

Máis de 10.000 hectáreas queimadas nos incendios de Tarragona, Madrid, Toledo e Ávila

Publicado o 30/06/2019 14:09

120 dotacións e 350 bombeiros continúan traballando no incendio de Tarragona, que está estabilizado nun 90%. Así o anunciou o conselleiro de Interior, Miguel Buch (Mikel BUC), que insistiu en que a maior parte dos 50 quilómetros de perímetro do lume está estable, pero as condicións de calor extrema continúan e iso dificulta a extinción total.

"Podemos dicir que o lume está perimetrado e camiño da estabilización. Polo tanto, digamos que é unha boa noticia e que se vai avanzando, como froito do traballo e da estratexia marcada polos bombeiros".

Os equipos de extinción traballaron na tarde do sábado no flanco descontrolado que linda con Lleida. Mentres, os veciños desaloxados, de ata seis nacionalidades, continúan agardando para poder volver ás súas casas. Os propietarios dalgunhas masías puideron volver esta mañá para acomedar os animais.

Continúa o perigo en Madrid e Toledo

Mentres, o incendio que lles afecta a parte de Toledo e Madrid arrasou xa 3.600 hectáreas.
Máis de 250 efectivos traballan nun lume que se declarou este venres pola tarde en Almorox, e que se propagou a Cadalso de los Vidrios. O vento e as altas temperaturas impiden controlalo, e nas últimas horas a dirección operativa que coordina a loita contra este lume decidiu desaloxar o cámping da localidade, onde había 200 persoas, pola proximidade das lapas.

E a primera hora da tarde do sábado empezou a arder tamén en El Arenal, ao suroeste da provincia de Ávila, a tan só 20 quilómetros doutro lume que comezou onte a primeira hora da tarde, no municipio de Gavilanes e que permanece descontrolado. Alí traballan 16 medios aéreos, e dous batallóns da UME conformados por 20 militares e 32 vehículos.

Noticias web

30/06/2019