CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Máis de 10.000 estudantes preparan a penúltima selectividade

Publicado o 10/06/2013 15:01


Máis de 10.000 alumnos preparan estes días a selectividade. Este será o penúltimo ano que se realice co sistema actual. A proba comeza o mércores, cos exames das materias comúns: Lingua e Literatura Castelá, Historia de España, Lingua e Literatura Galega, Historia da Filosofía e Lingua Estranxeira. O xoves chegarán as materias específicas.

As estatísticas din que o 85% dos mozos supera a proba. As carreiras da rama de ciencias da saúde terán máis dun 10 de nota de corte. Comunicación audiovisual, Veterinaria ou Tradución e Interpretación tamén están moi demandadas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí