CRTVG

Buscar

Máis de 1.700 usuarios no primeiro mes da oficina do Camiño a Fisterra

Publicado o 16/05/2018 21:38

A oficina do Camiño a Fisterra e Muxía en Santiago atendeu máis de 1.700 usuarios no seu primeiro mes. E entre eles hai ata 23 nacionalidades distintas. As preguntas máis frecuentes son sobre o percorrido ata Fisterra, pero tamén as hai sobre a capital galega.

No seu primeiro mes atendendo peregrinos e usuarios turísticos, a oficina do Camiño a Fisterra e Muxía en Santiago non contaba con chegar a ter estes números. Máis de 1.700 usuarios con ata 23 nacionalidades distintas. O Camiño de Santiago afianza o seu legado multicultural. As persoas buscan información sobre o percorrido cara a Fisterra, pero non só quedan aí. Neste último mes, chegaron á Oficina de Peregrinacións máis de 22.000 persoas, máis da metade seguiron o Camiño Francés.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018