Mais de 1,7 millóns de persoas solicitaron o certificado covid en Galicia
Publicado o 28/08/2021 13:01
A Xunta xa emitiu máis dun millón 700 mil certificados-Covid; a inmensa maioría, o 96%, de vacinación. Sanidade facía balance tamén do sistema de autotest en farmacias. Ata hoxe, un total de 32 mil probas que permitiron detectar 438 contaxios.
Outras 26 mil persoas fixeron test de antíxeno de xeito gratuíto nos puntos distribuídos nas distintas áreas sanitarias. Neste caso, detectáronse en total 303 positivos.