CRTVG

Buscar

Máis de 1.500 estudantes participan este verán en estadías lingüísticas en inglés

Publicado o 22/07/2019 16:27

Unha residencia de estudantes da Coruña convértese estes días nunha colonia inglesa. Un cento de estudantes de secundaria chegados de toda Galicia continúan aprendendo inglés no verán, grazas aos campamentos de inmersión lingüística que organiza a Xunta.

Son adolescentes de segundo da ESO que están a compartir durante dúas semanas a experiencia de vivir inmersos noutro idioma que non é o seu.

A posibilidade de practicar con profesores nativos cambia a visión que teñen da lingua.

Coma eles, 1.600 rapaces gozan este verán das estadías lingüísticas que a Xunta organiza para alumnos de secundaria e bacharelato, tanto en Galicia coma no estranxeiro.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019