CRTVG

Buscar

Máis de 1.000 persoas citadas este sábado para vacinárense en Ourense

Publicado o 07/08/2021 11:36

En Expourense, están citadas algo máis de mil persoas. Van recibir a segunda dose de Pfizer. Son os que recibiron a primeira dose o 14 de xullo. Simultaneamente, están vacinando tamén nos hospitais deVerín e O Barco, ao redor de 200 persoas en cada sitio. Naprovincia de Ourense xa recibiron o ciclo completo de vacinación aoredor do 75 por cento da poboación de maiores de 12 anos, máis de200 mil persoas. Preocupa o absentismo nos menores de 30, que son osque rexistran o 80 por cento dos contaxios nesta última onda. 3 decada 10 non acoden á cita, aínda que desde o Sergas aclaran que moitos presentaron incidencias solicitando un adiamento da cita porque a actual os colle de vacacións. Hoxe aquí, en Expourense, os que están citados son maioritariamente xente de 30 a 39 anos, entre eles varias mulleres embarazadas que nos aclararon que acoden pola súa propia seguridade e tamén pola dos seus bebés.

"Que a partir das 20 semanas que debía poñela, polo ben noso, das embarazadas, e da nena, que podía saír con anticorpos entón, máis vale previr que lamentar", di unha muller embarazadas.

 "Tócame a segunda dose da vacina. Penso que nos temos que vacinar todos. Que é a única solución para ter unha vida o máis normal posible", comenta outro dos asistentes.

 "Eu vou viaxar a Dinamarca en setembro e vexo importante vacinarme para poder viaxar segura", di unha moza de Xunqueira de Ambía.

"Para poder circular libremente, unha vez que temos as dúas doses. Aconsello a todo o mundo que se vacine", conclúe un dos vacinados.

Noticias web

07/08/2021