CRTVG

Buscar

Máis de 1.000 hectáreas queimadas esta fin de semana nos montes de Ourense

Publicado o 26/07/2020 20:20
Máis de 1.000 hectáreas queimadas esta fin de semana nos montes de Ourense

O incendio forestal que afecta o concello ourensán de Monterrei quedou estabilizado esta tarde, segundo informou a Consellería do Medio Rural. 

Cunha fronte de máis de 3 quilómetros, converteuse no maior incendio deste verán en Galicia. Segundo a última estimación do Medio Rural, queimou 720 hectáreas, 270 agrícolas e 50 arborizadas, sendo o resto monte raso.

É o primeiro grande incendio forestal do ano que chegou a ameazar as vivendas da aldea da Salgueira. Un amplo despregamento de medios terrestres e aéreos apoiados por 64 efectivos da Unidade Militar de Emerxencias levan toda a fin de semana loitando contra este lume, unha extinción complicada por mor do vento.

Xa quedaron extinguidos os incendios de Verín e o de Viana do Bolo. En tres días estes incendios calcinaron máis de 1.000 hectáreas na provincia de Ourense. Medio Rural apunta a que este incendios foron intencionados e a policía investiga a súa autoría.