CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Máis de 1.000 escolares de Galicia compiten nun concurso de robótica en Vigo

Publicado o 04/05/2018 14:28

Entréganlles un 'kit' básico, e ala! a montar e a programar un robot. Así empeza o concurso de robótica que se celebra na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, para espertar futuras vocacións. Funcionou: apuntáronse máis de 1.000 escolares de toda Galicia.

Están a programar os seus robots a través do ordenador para que realicen un circuíto. Son escolares, dende 1º da ESO ata 2º de Bacharelato, chegados de todos os puntos da nosa Comunidade. Participan nun concurso de robótica na Universidade de Vigo. Entréganlles un 'kit' que eles deben montar e logo deben superar unha serie de probas no menor tempo posible.

Hai dúas categorías: a Wall-E, para os máis cativos, e a R2D2, para os de Bacharelato. Cada vez son máis os centros escolares que introducen a robótica educativa nos seus plans de estudo. A través da montaxe os rapaces adquiren coñecementos de ciencias, tecnoloxía e matemáticas. O que se pretende é espertar o interese pola programación.

Quizais deste concurso saia algún futuro enxeñeiro porque nivel hai, e moito.