CRTVG

Buscar

Máis da metade dos judokas españois que irán aos Xogos teñen licenza galega

Publicado o 28/06/2021 20:52

Máis da metade dos judokas que compoñen o equipo olímpico español teñen licenza da Federación Galega. Dous deles acadaron senllas medallas nos Campionatos do Mundo celebrados en Budapest. Ouro para Niko Sherazadishvili e bronce para Fran Garrigós. Irán ao Xapón, ademais, María Bernabéu e Alberto Gaitero. Son catro de sete judokas que integran a delegación española. En Budapest competiron tamén Sara Álvarez, Laura Martínez e Estrella López.

Noticias web

28/06/2021