Os dous últimos gromos de covid detectados en Galicia están en Arteixo e Arzúa
Publicado o 30/07/2020 17:01
Os dous últimos focos de coronavirus detectados en Galicia están en Arteixo e Arzúa. Neste último hai 6 persoas afectadas, todas dunha mesma familia. No caso de Arteixo, ascenden a 18, e son contactos do porteiro de Olerios que deu positivo recentemente.
Segundo Sanidade, o 60% dos casos que se rexistran na comunidade son importados.
É o que sucede cos dous últimos rexistrados tamén en Vigo. Dúas persoas que viaxaron en avión dende Lima, e que non tiñan relación entre elas.