CRTVG

Buscar

O Sisto, a aldea que suma máis da metade dos contaxiados en Fisterra

Publicado o 19/05/2021 16:14

No lugar do Sisto custa ver a alguén fóra da casa. E iso que aquí é moi doado gardar a distancia de seguridade. Nesta aldea con media ducia de vivendas concéntranse máis da metade do total de contaxiados da covid no municipio de Fisterra, que ten unha incindencia acumulada a 14 días de máis de 250 casos.

En todo o concello, de 4.800 habitantes, suman 13 contaxiados, segundo a última actualización de datos do Sergas. E nove dos infectados viven aquí no Sisto, en dúas casas.

Unha das enfermas, unha muller nova, de 32 anos, estaba ingresada no hospital Virxe da Xunqueira de Cee, desde onde controlan os contaxiados da comarca, pero houbo que trasladala ao hospital da Coruña.

Os demais veciños apenas saen da casa para coller o pan e outras subministracións. Prefiren non falar diante da cámara. Con ela apagada recoñecen que teñen medo e que se coidan moito de xuntarse cos demais.

 

Noticias web

19/05/2021