CRTVG

Buscar

Máis da metade dos concellos galegos quedan á marxe das limitacións horarias

Publicado o 02/05/2020 21:29

Ben distinta é a situación nos concellos de menos de cinco mil habitantes. Alí é máis dificil que se formen aglomeracións e polo tanto poden saír á hora que prefiran a facer deporte ou pasear. É o caso de douscentos concellos galegos.

Si, douscentos concellos galegos, máis da metade, quedan á marxe das limitacións horarias, o que afecta a un 15 por cento da poboación galega.

Aquí calquera veciño pode saír á hora que queira a facer deporte ou a pasear. Isto débese a que teñen censados menos de 5.000 veciños e, polo tanto, non están sometidos á restrición das franxas horarias marcadas polo Goberno.

 

Noticias web

02/05/2020