CRTVG

Buscar

Máis controis policiais e 60 detidos por non acatar o estado de alarma

Publicado o 19/03/2020 16:55

Grandes cidades como Madrid amenceron con controis policiais para regular o tránsito en cada punto das grandes vías. Hai ata 60 detidos por estaren na rúa sen causa e desobedecer con insistencia o decreto de alarma. 

Imaxes dos controis no quinto día de confinamento. Policía e Garda Civil confirman que a percepción do risco na poboación está baixando, pero non é real. As forzas de seguridade avisan antes de actuar, pero onte houbo ata 60 casos nos que só lles quedou a detención.

Os controis, polo tanto, aumentan e cóntanse 10.000 patrullas nas rúas españolas. E fano para evitar os tres perfís que inciden no incumprimento segundo os expertos: as persoas maiores que asumen a fatalidade, os que non teñen percepción de risco e actúan egoistamente e os que só reaccionan ante o castigo e non ante a prohibición.

 

 

Noticias web

19/03/2020