CRTVG

Buscar

Máis casas niño: máis conciliación e poboación no rural

Publicado o 21/07/2019 14:58

As casas niño naceron hai tres anos e seguen crecendo. Seguen abrindo máis para que os pequechos do rural teñan un lugar onde sentirse coma na casa durante as horas en que ninguén os poida atender na casa.

Estamos a falar de concellos de menos de cinco mil habitantes. Explícanolo a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica: "Estamos a falar dun recurso de conciliación e estamos a falar de recursos que creen postos de traballo, e tamén estamos a falar de recursos que sexan capaces de reter poboación no rural e mesmo de atraer nova poboación".

Bea é un exemplo de todo iso. Educadora social de formación, un bo día pensou en abrir unha casa niño.

"Eu son da Estrada, pero mirei os concellos que me quedaban máis preto, porque me gustaba moito a iniciativa, e falei co persoal do Concello de Beariz".

Alí axudáronlle a atopar o que lle faltaba, un local axeitado, e despois puido solicitar estas axudas da Xunta. Agora a súa Casa Niño lexa xa máis dun ano funcionando en Beariz. "Entón agora son máis de Beariz ca da Estrada".

Nenos de ata tres anos de idade ocupan a de Bea e as outras sesenta Casas Niño espalladas por Galicia, que están a piques de ser máis. 

"Dentro duns días sairá unha nova convocatoria de 15 casas niño, polo tanto, o ano vindeiro estarán en funcionamento 76 casas niño", anuncia a directora xeral.

Das 61 que hai agora mesmo, todas están rexentadas por mulleres. Veremos se algunha destas 15 novas casas niño acaba ou non acaba rexentada por un home.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/07/2019