Máis bonificacións e un pago directo de Fomento: as propostas da Xunta sobre a AP-9
Publicado o 27/12/2019 14:13
En concreto, o Goberno galego pon sobre a mesa un desconto do 25 por cento para todos os traxectos e todo tipo de vehículos, que se sumaría aos que xa existen.
A Xunta denuncia a discriminación que sofre Galicia, pois a xestión que o Goberno central está a facer da AP-9 é contraria á liña que mantén noutras vías de pago no resto de España. Por iso cre que Fomento debería asumir directamente ante a concesionaria da autoestrada un pago que evite volver tocarlles o peto aos usuarios.
A Xunta lamenta non recibir resposta ningunha do Goberno en función desde que lle enviou a súa proposta o pasado día once.