CRTVG

Buscar

Esculturas para concienciar sobre a soidade dos maiores

Publicado o 02/12/2019 07:40

Nun banco sentada agarda para remover concienias. A escultura foi creada a imaxe e semellanza dunha muller real. Mercedes ten 89 anos e vive soa. A obra forma parte dunha campaña para denunciar o illamento no que vive unha parte importante da sociedade. Está instalada nun parque de Bilbao pero ben podería estar en Galicia onde 128.800 persoas maiores de 65 anos viven sen compaña algunha.

Loreto Somoza Concheiro Coordinadora en Cruz vermella de persoas maiores e dependentes : "Realmente nosoutros non percibimos que as persoas maiores teñan tan arraigado ese sentimento de soidade que se comenta senon que son as circunstancias da sua vida, da familia ou de saúde ou nalgunha ocasión de vulnerabilidade de temas económicos ou de aillamento que poden facer que nese momento teñas ese sentimento de soidade pero non está máis arraigado que nunha persoa de 50"

Con todo, os expertos din que a soidade é o illamento dos maiores é un problema público que precisa de recursos e máis servizos

Marcelino mosquera , xeriatra

Pasar os últimos anos da vida en soidade é unha realidade que aumenta en toda España . De feito os fogares unipersonais de maiores de 65 medraron por riba do 9 por cento, nos Sete de cada dez vellos que viven sos son mulleres .

Noticias web

02/12/2019