CRTVG

Buscar

Maiores e persoal sanitario, emocionados ao recibir a vacina

Publicado o 29/12/2020 14:46

Inocencio, con 90 anos, foi o primeiro en recibir a vacina contra a covid en Ourense. Unha imaxe que se repetía noutras sete residencias soiocomunitaras onde os maiores recibiron emocionados esa picada que a ningún lle doeu. Animados tamen os sanitarios, que comezan a ver a luz ao final dun complicado camiño.

Galicia non quixo perder o día de vacinación por mor do atraso na chegada das seguintes doses e continuou nesta xornada o calendario previsto de vacinación coas doses sobrantes do domingo.

A Xunta ten previsto vacinar cada día máis dun milleiro de persoas.


 

Noticias web

29/12/2020