Maiores da residencia de Esgos e escolares de Ourense intercambian cartas
Publicado o 26/04/2021 15:21
Antonio, de 88 anos, le emocionado a primeira carta que lle mandaron os escolares do colexio Curros Enríquez de Ourense. Unha relación epistolar coa que están forxando unha amizade.
E tamén na aula de quinto de primaria recibiron hoxe con emoción a carta de Antonio. Un fermoso proxecto de relación interxeracional e unha experiencia chea de agarimo polas dúas partes.
Antonio e Miguel escriben á lapiz novas cartas para os seus nenos e nenas. No colexio e na residenca comparten o desexo de coñecerse. Por agora fano por carta e queren agradecerlle a Antonio o seus agasallos, un marcapáxinas feito a man e cheo de amor.