Maio pecha co prezo da luz máis alto desde 2018
Publicado o 31/05/2021 19:57
O prezo da electricidade marcou hoxe o seu máximo desde o pasado mes de xaneiro. As empresas grosistas pagan este luns o megawatt hora por riba dos 88 euros, unha cifra que non se vía desde a vaga de frío que trouxo a tormenta Filomena. A luz continúa a súa tendencia alcista: de media, o mes de maio pechou co prezo máis alto desde setembro de 2018. A repunta chega en plena véspera da entrada en vigor do novo sistema de facturación con discriminación horaria.